Manuela Rodríguez Pumar

Mañá venres 22 de xullo, a partir das 20:30h na Praza das Escolas Vellas (en fronte a Casa da Cultura), o BNG organiza unha festa en Gondomar en que, ademais de conmemorar o Día da Patria nas vésperas do 25 de Xullo, Día da Patria Galega, aproveitarán para inaugurar a nova sede que a organización nacionalista ten desde xuño no centro da Vila, ao carón do lugar da festa.

Intervirán Pablo Durán, responsábel local de Galiza Nova, Carmela González, deputada do BNG no Parlamento galego, e a concelleira, Manuela Rodríguez Pumar, Portavoz Municipal do BNG en Gondomar.

O acto está enmarcado dentro da campaña nacional polo Día da Patria que o BNG está desenvolver por todo o País baixo o lema “Gañarmos o Futuro. A nova Galiza en marcha!”, e a organización de Gondomar convida a quen desexar á participar neste pequeno convivio de celebración e de reivindicación.