Solicitan la compra de la finca de “Finola” para ampliar la alameda de A Guarda
CEDIDA // Finca de Fínola, A Guarda

O B.N.G. lamenta o paso dado polo Goberno municipal do PSOE adquirindo a Finca de Fínola por valor de 280.000 €.

Desde o primeiro momento o BNG alertou ao Concello de A Guarda e a cidadanía de que a compra da finca de Fínola, de levarse a cabo, sería un auténtico despilfarro.

O BNG sustenta tal afirmación en que co desenvolvemento do PERI nº 5, o Concello faríase con estes terreos e aproximadamente 2.000 máis localizados neste PERI sen custes para o Concello.

Segundo afirma o portavoz nacionalista Anxo Baz “o informe do propio interventor do Concello coincide coa posición do BNG e iso sabémolo todos os que estivemos no pleno”.

Baz tamén afirmou que “coa adquisición de Fínola soamente cambia o propietario da finca, o uso vai ser o mesmo. Que vantaxe saca o pobo da Guarda? Onde había un parking, seguirá habendo un parking.”

«Para xustificar o inxustificable, o Alcalde agora enrédase falando dunha modificación do PXOM para facer un auditorio en Fínola. A principio da lexislatura falaba dun auditorio no Castelo de Sta. Cruz«, sinala Baz.

«Ademais», engade, «da falta de claridade de ideas do Alcalde da Guarda e da ausencia dun proxecto claro para a Guarda seguimos sen entender quen son os grandes beneficiarios desta operación urbanística«.

O BNG considera que eses cartos ben poderían investirse en política social, en cultura, en deporte, promoción turística, …mentres se lles din á veciñanza, ás asociacións, aos diferentes colectivos que non hai diñeiro.