O BNG de Gondomar continúa coa rolda de encontros veciñais polas parroquias do concello nos que participará a súa portavoz municipal, Manuela Rodríguez, e nas que recollerán información «sobre a carencia de servizos públicos como o saneamento, a auga, a recollida de lixo ou o transporte interparroquial».

Así mesmo, veciñas e veciños poderán aportar datos sobre outras problemáticas «menos coñecidas pero de igual importancia».

Para o BNG a participación veciñal é fundamental para afortalar o seu traballo social e político. As achegas da veciñanza serán trasladadas posteriormente «en forma accións reivindicativas e de iniciativas institucionais no Concello e nos parlamentos galego, estatal e europeo, e servirán tamén como base para a elaboración do programa electoral das municipais de maio de 2023″.