Anxo Baz, BNG A Guarda
Anxo Baz, BNG A Guarda

O BNG vai celebrar unha asemblea no Centro Cultural da Guarda o próximo xoves, ás 20:30 horas, para explicar a súa posición sobre o proxecto de urbanización da rúa Concepción Arenal que está a realizar a Deputación de Pontevedra.

Sempre tivemos claro que tipo de rúa queriamos, unha rúa para as persoas, para o comercio, no que o coche se sentise convidado e non protagonista, cun sentido único que posibilite o acceso ás vivendas e carga e descarga… Unha rúa onde pasear non sexa unha aventura perigosa”, comentou Anxo Baz, portavoz municipal do BNG.