ALFREDO

O Bloque Nacionalista Galego convida a participar este mércores 15 de xullo nun debate arredor do servizo de transporte interurbano da Xunta de Galicia, actualmente prestado por LUGOVE e inserido dentro do deficiente modelo de mobilidade do PP, para o contrastar coa alternativa necesaria e posíbel que o BNG ofrece.

A reunión será ás 20:30h, no local sito no número 9 da rúa Manuel Alonso de Gondomar (fronte a Casa da Cultura), e contará coa participación do deputado do BNG no Parlamento galego e portavoz de Mobilidade e Transporte do BNG, Paulo Ríos ‘Kai’, que estará acompañado de representantes orgánicos e institucionais do Bloque de Baiona, Gondomar e Nigrán.

Convidan á veciñanza dos tres concellos a participar para achegar ás súas propostas a respecto deste servizo fundamental e contribuír así a mellora da mobilidade dentro da área metropolitana de Vigo.