Os veciños que non puideron asistir o pasado mércores 31 a asemblea convocada polo BNG, hoxe teñen unha reunión cos nacionalistas.
Será ás 20:00 horas no centro cultural de Vilaza. Na mesma recolleranse as sinaturas veciñais pola solución ao servizo de auga na parroquia e darase conta do debatido no pleno de onte.
