O portavoz municipal do BNG da Guarda, Anxo Baz, pon en coñecemento da veciñanza guardesa «a renuncia por parte do Concello de unha subvención de 60.000€ do Fondo de Cooperación Local para concellos de menos de 15.000 habitantes, concedida para a mellora das instalacións do Club de Remo Robaleira».
O portavoz nacionalista considera que “a renuncia de 60.000 € para levar adiante a mellora das instalacións deportivas do Club de Remo, constata o abandono das súas funcións do alcalde Roberto Carrero e do seu socio de goberno e concelleiro de deportes, Celso Fariñas. Deixar escapar outra subvención máis, neste caso para unhas instalacións que demandan melloras urxentes, pon de manifesto novamente a incapacidade, deixadez e inoperancia deste goberno”.
Baz afirma que “estamos diante dun goberno e dun alcalde incompetentes para xestionar nada, sen ningún proxecto para A Guarda, que de maneira reiterada desperdician recursos públicos e subvencións das que estamos tan necesitados”, e remata decindo “con estas actuacións Roberto Carrero evidencia a súa incompetencia para dirixir o Concello da Guarda».
