Coa chegada do verán os colectores do lixo desprenden cheiros insoportábeis en moitas zonas da localidade pola falta dun programa de limpeza e desinfección sistemático.
Desde que tomou posición este goberno iniciou un proceso de eliminación progresivo de papeleiras difícil de explicar e carente de toda lóxica para calquera persoa que queira manter A Guarda limpa. Toda esta falta de atención maniféstase tamén nunhas rúas cada vez máis sucias e carentes da atención que requiren.
O portavoz do BNG da Guarda, Anxo Baz, manifestou “O goberno municipal da Guarda non presentou nin levou a cabo ningunha medida para mellorar o servizo de recollida e tratamento do lixo desde que tomaron posesión dos seus cargos. A recollida separada de biorresiduos para compostaxe, debería terse iniciado xa a comenzos do 2024. Nada teñen feito. Non hai programa municipal para o tratamento de residuos, tal como exixe a normativa, nin hai un proxecto de ordenanza municipal para adaptarse á nova normativa europea que evite posíbeis multas que directa ou indirectamente repercutirán na sociedade guardesa”.
O nacionalista concluíu “este goberno non só dá mostras da súa incompetencia para levar adiante un proxecto de recollida e tratamento de residuos acorde as necesidades dos tempos que corren e as obrigas recollidas na Lei. Tampouco nas pequenas cousas son capaces de tomar medidas elementais para calquera administración. A decisión de retirar as papeleiras ou a incapacidade para programar a limpeza e desinfección dos contedores do lixo dan boa mostra da súa incapacidade, falta de criterio e dedicación”.
Por todos estes motivos os nacionalistas presentan unha moción que levaran ao próximo pleno da corporación na que instarán ao goberno municipal a que tomen as medidas precisas para proceder a limpeza sistemática e periódica dos contedores do lixo, repoñer as papeleiras eliminadas, mellorar a limpeza das rúas e cumprir coa lei 7/2022 de residuos adaptando a ordenanza municipal a dita lei.
