O portavoz municipal do BNG na Guarda, Anxo Baz, solicita unha reunión urxente da comisión de seguimento do COVID 19 na localidade, na que se convoque tamén aos representantes de todas as forzas políticas do Concello.

Segundo Anxo Baz, o Concello da Guarda debe esixir ao servizos sanitarios da Xunta de Galicia que informen sobre a situación epidemiolóxica actual na Guarda ante as dúbidas e a alarma social que se está xerando na localidade.