O portavoz municipal do BNG, Anxo Baz, manifestou que “frente ao desleixo e debilidade do goberno do PSOE precisamos actuar con altura de miras para frear a emorraxia de axudas perdidas por non seren capaces de presentar a Conta Xeral a tempo”.

«O feito de non ter presentado no prazo requerido a Conta Xeral por parte do goberno do PSOE, levounos xa a non poder optar a tres subvencións da Xunta de Galicia como no seu momento denunciamos dende o BNG«, afirma Baz.

«As subvencións as que xa non podemos optar, apunta, son aquelas destinadas a recuperación e tratamento paisaxístico do contorno dos recursos turísticos, recuperación ou mellora de miradoiros, sendeiros, rutas, a adecuación de espazos destinados ao estacionamento de vehículos, asi como ao embelecemento das vías, ocultamento de colectores de residuos, eliminación de cableado aéreo, recuperación de elementos de interese etnográfico ou de arquitectura tradicional, ademais de proxectos de promoción e dinamización do Xacobeo para os anos 2020 e 2021».

«De non aprobarse a conta xeral canto antes, as axudas para a festa da lagosta ou para novas infraestructuras perderíanse tamén, algo do que o BNG non vai ser cómplice. Este é o motivo polo que facilitaremos a aprobación da Conta Xeral», finaliza o voceiro nacionalista.