O Bloque Nacionalista Galego de A Guarda considera inaceptábel o estado de limpeza e conservación de diferentes puntos de Camposancos.
Dende o BNG afriman que “temos zonas como a do paseo pola beira do río Miño con valados caídos, pisos das pasarelas rotos, escaleiras de aceso a praia do muíño con grandes buratos, saídas de tubaxes que reciben a auga da chuvia á vista, facendo auténticas canteiras na area, sendo o estado da praia deplorábel”.
O BNG denuncia tamén a falta de mantemento no parque do Palomar “o que o convertiu nunha auténtica selva. E a rotonda que hai detrás do colexio dos Xesuítas, no que as herbas apenas deixan ver as sinalizacións de tráfico”.
“As camposinas e camposinos merecemos un mellor trato que o que nos está a dar tanto o presidente da Entidade como o Alcalde da Guarda, os dous do PSOE. A limpeza e decoro de Camposancos debe ser constante e non unha vez ao ano para xustificase”, comentou Merchi Martínez, Vogal do BNG na Entidade Local Menor de Camposancos.
Dende o BNG instan ao Presidente da Entidade Local Menor e ao Concello da Guarda “que se poñan a traballar e tomen as medidas oportunas para solucionar o estado de abandono ao que teñen sometido a Camposancos”.