CEDIDA // Castillo de Santa Cruz (archivo)

O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO de A Guarda presentou un escrito solicitando que se tomen medidas para a limpeza e mantemento do Castelo de Santa Cruz e a súa contorna.

“Dende hai tempo o BNG ten denunciado o estado de abandono que sofre a contorna do Castelo de Santa Cruz, con herbas que superan o metro de altura, ramallos tirados pola zona, falta de limpeza, árbores rotas”, indican dende a formación nacionalista.

Esta xoia do patrimonio guardés custou moitos cartos do erario público para lograr a súa apertura ao pobo e a posta en valor coas reformas que se fixeron. É responsabilidade do grupo de goberno do PSOE manter e potenciar este espacio“, dicen.

Para o BNG é un esperpento o vivido días pasados coa organización do “Interlude Fest” pon de manifesto a falta de mantemento, non so da contorna do Castelo, se non tamén do seu interior.

Unha infraestrutura chamadaa ser unha das áreas de lecer máis importantes do Concello da Guarda sofre un estado de abandono preocupante.Debera ser un lugar de encontro para guardeses e guardesas e as veces parece máis unha finca abandonada…”, comentou Anxo Baz, portavoz municipal do BNG.

“Dende o BNG temos claro que este espazo non se pode limpar soamente cando se celebra algún acontecemento puntual. Este recinto necesita dunha limpeza sistemática para que calquera persoa que desexe gozar deste espazo aberto o poida facer sen ter a sensación de entrar nun espazo abandonado“, finaliza Baz.