ALFREDO

Novamente Baiona queda sin servizo de pediatría, desta vez do 1 ao 15 de setembro por vacacións do pediatra titular no Centro de Saúde de Baiona. Como xa sucedera hai un ano, o BNG insta á veciñanza a que presente reclamacións ante o SERGAS, co fin de que se perciba o descontento da mesma.

Só a través da protesta formal cabe a posibilidade de rectificación dunha Consellería de Sanidade capitaneada por un Vázquez Almuiña que novamente deixa abandonada a súa vila”, dí Iago Pereira, Portavoz Municipal do BNG no Concello de Baiona.

“A argumento de que non existen facultativos para contratar é unha falacia, como se puido comprobar coa xubilación do pediatra no Centro de Saúde de Coruxo, que foi substituído mediante contrato por días e coa advertencia de que derivarían os pacientes a Navia. A verdadeira derivación que oculta o Partido Popular no servizo de pediatría é da sanidade pública á privada”, indican dende o BNG.

O BNG repartirá reclamacións o vindeiro mércores, entre as 10:00 e as 12:00 horas diante do Centro de Saúde de Baiona e pón a disposición de quen o desexe modelos de presentación de reclamacións, no seguinte enlace.