Para celebrar o 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, o BNG de Gondomar convoca a todas as persoas interesadas a participar nun Café feminista que se desenvolverá este xoves 7 de marzo ás 20:00 horas no Café Keik de Gondomar.
«O tema sobre o que falaremos será “A fenda salarial”, un concepto tanxíbel que, na súa fría matemática, pon en evidencia que as desigualdades entre homes e mulleres non só non desaparecen, senón que, mesmamente, nalgúns aspectos, coma o salarial, agrándanse», sinalan dende o BNG.
Neste encontro-café contarase con Ester Mariño, técnica de Igualdade da CIG na comarca de Vigo e responsábel da Secretaría das Mulleres nesta comarca.