XUNTA DE GALICIA

O Bloque Nacionalista Galego na Comarca do Baixo Miño vén de mostrar este martes a súa oposición ao proxecto eólico Albariño I polo seu impacto ambiental e patrimonial “crítico” na serra da Groba. Desde a fronte nacionalista presentaron alegacións para esixir que se denegue a autorización administrativa para a instalación neste espazo natural dun parque que afectaría aos concellos de Baiona, Gondomar, Tomiño e Oia.

Este novo parque representa unha nova ofensiva tamén para a localidade de Tui. Pois os efectos poden ser devastadores máis aló da zona afectada”, comenta Xosué Campos que afirma que frear o Albariño I é vital para evitar os outros 5 proxectos promovidos polo mesmo grupo empresarial e cuxas poligonais se solaparían.

“Isto é un exemplo evidente da fragmentación fraudulenta de macroparques en pequenas pezas, para avaliar os impactos por separado. Unha práctica moi habitual en todo o país e que está permitida e alentada pola Xunta de Galiza”, aclara Carme Núñez, voceira municipal do BNG de Tui.

Desde o BNG de Tui, convidan a toda a cidadanía a participar desta palestra onde se informará sobre os impactos derivados do “boom eólico” no noso territorio. Será mañá, venres 19, ás 20:30 horas no Hotel Colón con Luis Bará, deputado no Parlamento Galego.