O BNG do Porriño denuncia que o Concello «dirixido por Alejandro Lorenzo desatende as obrigas democráticas da administración local no proceso electoral».
Aseguran que na madrugada do xoves para o venres deu inicio a campaña polas eleccións europeas e no concello do Porriño os taboleiros non se encontraban colocados nos espazos determinados para este fin pola Xunta Electoral de Zona. A forza nacionalista informa que trasladará esta incidencia, que non tivo lugar noutros concellos do partido xudicial, ante a Xunta Electoral.
Desde o BNG sinalan que este acto «atenta contra a saúde da participación política é transloce a ausencia de calidade democrática do alcalde». O mesmo esperan que «o Concello do Porriño corrixa o incumprimento e a Xunta Electoral tome as medidas consecuentes con esta falta».