Desde o comezo da campaña aparece cada día arrincada a cartelaría do Bloque dos taboleiros electorais. Tamén teñen desaparecido bandeirolas das farolas e téñense vandalizado outras, pintadas por riba coa palabra ETA, aseguran os nacionalistas.

«Unha clara incitación ao odio e unha alteración da normal convivencia democrática, especialmente grave en período electoral. O BNG cursou denuncia dos feitos nas dependencias da policía local do Porriño«, sinalan dende a formación política.

“Ás persoas que arrincan e pintan o noso material de campaña, e ás que cun discurso cheo de mentiras para ocultar a súa nefasta xestión, dan soporte ideolóxico a estes comportamentos, dicirlles que non lles temos medo. Nada vai parar o cambio galego que está en marcha”, apuntou o portavoz municipal do Bloque, Pedro Pereira.