ALFREDO

Na reunión de portavoces municipais da Guarda, celebrada onte a instancias do BNG, O portavoz municipal nacionalista, volveu a demandar de todas as forzas políticas e do goberno municipal un pronunciamento claro para esixir  da Consellería de Sanidade transparencia sobre a situación epidemiolóxica da localidade por mor do COVID 19.

Segundo Anxo Baz, “é preciso tomar a situación co rigor preciso, rigor nas medidas preventivas e rigor na información, algo que a Xunta de Galicia, non está a facer”. O portavoz nacionalista fai un chamamento a serenidade de toda a poboación guardesa, unha sociedade que maioritariamente compórtase dun xeito responsábel e que precisa estar informada para evitar o desconcerto creado pola falta de transparencia da Xunta.

Anxo Baz, apuntou que este desconcerto vese incrementado polo abandono do Ente público do centro de saúde da localidade. Na actualidade o Centro de saúde da Guarda conta só  coa metade dos médicos e co 40 % do servizo de enfermería. Esta redución de persoal  sanitario está provocando o colapso do centro cos profesionais desbordados e con pacientes que cada día atopan máis dificultades para ser atendidos en prazos razonabeis.