No mes de maio do 2020, o BNG  levou  ao pleno do Concello da Guarda, a proposta de elaboración dun proxecto de reforma integral da Praza que «nos permitira optar ao recoñecemento de mercado de excelencia por parte da Xunta de Galiza». Con todo elo, a nosa proposta foi aprobada«, sinalan dende o BNG.

Meses despois, «o grupo de goberno do PSOE, facendo caso omiso do acordo plenario, anunciou a reforma do pavimento da parte superior, un acceso a terraza e a mellora dun posto por un importe total de 40.000 €. Nese momento o BNG cualificou este anuncio como un remendo máis que desvirtuaba radicalmente o acordo plenario comprometendo un proxecto de futuro para a Praza», indica Anxo Baz, quen matiza que «a falta de criterio e a improvisación chegan ao extremo de que o acceso a terraza presenta barreiras arquitectónicas».

Segundo o BNG, desde o ano 2013 os «parcheos» realizados na Praza de Abastos superan os 332.000€. O grupo de goberno do PSOE nunha recente comparecencia nos medios de comunicación «volve anunciar unha nova reforma “estética” por valor de 100.000 €».

«Sen dúbida con estas inversións racionalizadas, cun proxecto ben definido, que simplemente non existe, a Praza podería dar un salto cualitativo. Cunha contía non moi superior, Tomiño logrou un mercado de excelencia e o Rosal cunha inversión bastante menor, vai camiño del», afirman.

O portavoz municipal do BNG, Anxo Baz manifestou ”a ausencia de proxecto do goberno municipal lévaos a ir dilapidando recursos, facendo remendo sobre remendo, sen un proxecto global para camiñar cara a un mercado de excelencia. As consecuencias están a vista, lonxe de dinamizar a praza en vez de abrirse postos pecháronse varios”.