El centro cultural de A Guarda acoge la exposición “Escenarios de la prehistoria”
Castros Monte Santa Trega

O BNG vai levar ao Parlamento Galego a preocupación sobre o estado de conservación do castro do monte Trega, sobre todo a raíz das imaxes aparecidas nos medios de comunicación de persoas situadas no conxunto arqueolóxico a xantar durante as pasadas Festas do Monte.

É preocupante a utilización de estacas para suxeitar toldos aos muros das construcións castrexas. Debemos ter conciencia de que se trata do noso patrimonio, así como un dos principais atractivos que temos tanto na Guarda como na comarca”, comentou Anxo Baz, portavoz municipal do BNG.

Para o BNG queda demostrado a ineficacia das medidas tomadas até agora, como a colocación de cintas. “Hai que ir a medidas máis profundas e continuadas no tempo que axuden a concienciara aquelas persoas que queiran gozar dunha das paraxes únicas sen ter que deteriorar a súa contorna“, indican.

A protección do castro ao Parlamento galego

O BNG vai presentar unha iniciativa no Parlamento Galego, por medio da deputada Montse Prado, para que se dean explicacións sobre cales son as medidas que se están a tomar para evitar o deterioro do conxunto arqueolóxico do monte Trega.

A Consellería de Cultura ten competencias no mantemento e conservación dun dos conxuntos arqueolóxicos máis importantes do país. Ten que existir unha colaboración entre institucións para evitar o deterioro deste castro, pero hai que tomar medidas que afonden na súa protección e compatibilizar o goce da contorna sen ter que danar unha das nosas xoias arqueolóxicas”, sinalou Montse Prado.