O B.N.G. presentou unha moción sobre o sector eléctrico en Galicia. A moción solicita, entre outras, a inmediata redución do IVE da electricidade pasando do 21% ao 4%, «así como a modificación da Lei do Sector eléctrico que permita a regulación dunha Tarifa Eléctrica Galega que beneficie á Galicia pola súa condición de nación produtora de enerxía eléctrica que permita o abaratamento da electricidade para consumos domésticos e empresariais«.
«No BNG defendemos que Galicia ten dereito a controlar os seus recursos enerxéticos. Para iso é fundamental poñer fin a esta situación de explotación colonial e reclamar capacidade normativa para poder tomar as decisións referentes a todos os aspectos do desenvolvemento enerxético«, indicou Anxo Baz portavoz municipal do BNG.
“Con este modelo, mentres Estado e eléctricas aumentan os seus beneficios e Galicia exporta enerxía, no noso país hai máis de 442.000 persoas que declaran non poder permitirse manter a vivenda cunha temperatura adecuada e a taxa de risco da pobreza incrementou nun 12,15% dende o 2009, e a Guarda non é allea a esta situación”, comentou .
O BNG pula por unha tarifa eléctrica galega que abarate vía peaxes o prezo final da enerxías en Galicia, que axudaría a democratizar o acceso para todas as persoas e, asemade, contribuiría a asentar o tecido industrial e económico do país.