O BNG está a desenvolver unha campaña nacional contra a escandalosa suba do recibo da luz no noso país, agravada polo denominado “suplemento territoral” (a aplicar entre 2019 e 2020) que penaliza gravemente á Galicia. A fin deste ano prevese unha suba aínda maior, acadando niveis históricos.
Dentro desa campaña estanse a realizar recollidas de sinaturas contra a suba da luz. No caso de Gondomar a campaña comeza mañá e desenvolverase durante todo este mes nas distintas parroquias do concello.
A primeira recollida de firmas será mañá sábado, de 11:30 a 13:00 horas, e realizarase simultaneamente nas inmediacións da Praza de Abastos e do supermercado Froiz.
Durante a recollida repartirase un folleto onde se dan os argumentos que fundamentan esta campaña e onde se explican as alternativas do BNG que evitarían que, sendo Galicia unha gran productora e exportadora de enerxía eléctrica, os galegos paguen o recibo máis caro do estado.