Manuela Rodríguez Pumar

O BNG de Gondomar reunirase con representantes das pequenas empresas radicadas no concello. A reunión que terá lugar este luns ás 20:30 horas no Centro Cultural de Peitieiros. 

No encontro, no que participarán a Portavoz Municipal en Gondomar, Manuela Rodríguez, e a Portavoz da Área de Comercio no Parlamento Galego, a deputada Carmela González, o BNG trasladará as medidas que veñen defendendo tanto a nivel xeral, no ámbito galego e estatal, en materia de comercio, hostalaría, salóns de peiteado e estética, etc, e aquelas outras propostas de actuación que consideran fundamentais a nivel local.

Mais, sobre todo, pretenden que lles permita aproximarse as variadas características e problemáticas de cada sector, e recoller as súas achegas e propostas, de xeito que poidan contribuír ao mantemento e recuperación da actividade comercial de todo tipo no concello de Gondomar.

A finalidade do recollido será o seu traslado en forma de iniciativas a nivel municipal e de propostas a incluír no programa electoral das municipais do vindeiro 28 de maio.