Castelo Santa Cruz (Archivo)

Este venres terá lugar a quinta e última Barferencia do ano na Guarda. Nela falarase sobre o “Castelo de Santa Cruz: 350 anos do fin da Guerra de Restauración na Guarda” a cargo de Rebeca Blanco Rotea.

Esta é a última Barferencia do ciclo 2018-19 e terá lugar ás 20:30 horas na Cafetería Marbella, onde os asistentes coñecerán como foi o paso deste recinto fortificado en pleno centro da Guarda tras a Guerra de Restauración Portuguesa e o seu paso de fortificación a elemento patrimonial