O Castelo de Santa Cruz da Guarda será o escenario este sábado para a celebración da II edición do Interlude Fest, un festival musical organizado pola Asociación Cultural Rock´n´Rolla en colaboración co Concello da Guarda.
As actividades programadas arrancarán xa dende as 11:00 horas con inchables e xogos para nenos, xunto con diversas actuacións de amenización con música tradicional ao longo do día.
Ás 20:00 horas arrancarán os concertos nos que actuarán os grupos:
- The Charrans.
- Elefantes Mutilados.
- Satxo.
- Stoned at Pompeii.
- Malkeda.
Será unha mistura de estilos que vai dende o Punk-Rock, Metal ata o Hard-rock.
A entrada é de balde e a programación de concertos abarcará ata as 3:00h da madrugada con cantina e comida a prezos populares.
