Como xa ven sendo habitual ao longo destes últimos anos, o CEIP As Solanas “Nicolás Gutiérrez Campo” celebrou o Día Mundial do Medio Ambiente.

Baixo o título ” O mar agoniza” este ano abordaron distintos aspectos da problemática mariña: especies invasoras, redes pantasma, urbanizacicións litorais, verquidos, plásticos, etc.

O acto levouse a cabo na praia da Ribeira, onde cada curso expuso a súa denuncia a través dunha estructura flotante que, a modo de mensaxe, farán navegar. Ao mesmo tempo, cada curso explicou aos demais a problemática abordada.

As estructuras construídas quedarán expostas durante toda a semana no Paseo Marítimo. O acto reamtou coa canción de Mago de Oz “La costa del silencio” e co lanzamento de polvos Holi 100% naturais e sen gluten.