CEDIDA // Teacher Pilar, Tinita e Mirta, directora do centro.

O colexio Pintor Antonio Fernández de Goián entregou hoxe o primeiro Premio á Diversidade, dos 18 que entregará este curso, a unha persoa ou colectivo que leve a cabo algunha iniciativa que axude no camiño cara un mundo máis diverso no que prime o respecto e a tolerancia.

Este recoñecemento foi entregado a «Tinita Ozores», merecedora deste primeiro premio honorífico pola súa traxectoria vital nun tempo no que as mulleres o tiñan aínda máis difícil que agora.

Tinita é a madriña da aula de inglés do centro e nos vindeiros días cumprirá 90 anos, polo que a entrega tivo un carácter máis emotivo cando os alumnas e alumnos lle entregaron os agasallos e entoaron o Happy Birthday.

Clementina Ozores (Tinita) é licenciada en Filosofía e Letras, Catedrática de inglés e veciña de Goián. Foi profesora de lingua inglesa en varios institutos ademais de ser unha intrépida viaxeira, que xa percorreu os cinco continentes e con intención de continuar, polo que a súa lección de vida, tal e como reflexa a placa que dá nome a súa aula, «viaxa para medrar como ser humano».