A poetisa Rosalía de Caastro

O Centro Cultural e Veciñal de Peitieiros convoca o V certame literario do Día das Letras Galegas no que poderá participar calquera persoa cunha obra orixinal e inédita escrita en galego que hai que presentar antes do 12 de maio.

Bases:

  • Poderá participar calquera persoa cunha obra orixinal e inédita escrita en galego (normativa oficial).
  • Admitiranse textos en prosa ou verso, dunha extensión máxima de dúas páxinas (corpo da letra 12, interlineado 1,5).
  • Presentaranse por triplicado antes do 12 de maio remitíndoos por correo ao seguinte enderezo: CCV Peitieiros, Peroleira 33, 36389 Gondomar: facendo constar no sobre “certame literario”.

Establécense tres categorías:


A) Até os 12 anos

B) De 12 a 18 anos

C) De 18 anos en diante

  • As obras deberán presentarse sen nome da/o autor/a nun sobre pechado No interior virá outro sobre que por fóra indicará a categoría en que se participa e dentro traerá os datos da autora ou autor: nome, DNI, enderezo, correo electrónico e teléfono, e se o estima unha moi breve biobibliografía.
  • Haberá un premio por cada categoría, consistente nun lote de libros e un diploma.
A decisión do xurado será inapelábel. A participación no concurso implica a aceptación destas bases.
  • Os premios daranse a coñecer o día 20 de maio, ás 19 horas, no acto das Letras galegas que se desenvolverá no Centro Cultural de Peitieiros, en que se abrirán as plicas e as e os gañadores darán lectura á súa obra.