Este sábado, 24 de agosto ás 18:00 horas, o Coperfi Cereixa Gondomar FS disputará os 16/final da Copa Galega de fútbol sala.
O equipo gondomareño participa nesta competición por cuarto ano consecutivo e por méritos propios, o obter o Campeonato da Liga preferente sur da temporada pasada. No sorteo que tivo lugar na capital galega tocoulle o Leis Pontevedra FS, equipo que milita na 2B nacional, sin duda un dos platos fortes do bombo.
Contando coa axuda da afición, que cómo sempre responde aos encontros importantes que nestes últimos anos son habituais, seguramente farán unha vez máis do pabellón municipal de Gondomar un fortín, onde a entrega e ilusión non lles gaña nadie ao equipo Miñorano.