O Certame de pintura ao aire libre Antonio Fernández chega a súa sétima edición con trinta e dúas inscripcións previas e co prazo aberto até a propia xornada como ven sendo habitual.
A inscrición é gratuita e pode xestionarse na web Certame de Pintura até o 16 de agosto e o día 18 de forma presencial en horario de 09:30 a 11:30 horas (hora galega) na Aula-museo Antonio Fernández (Praza Pintor Antonio Fernández s/n Goián).
O tema será calqueira paisaxe do percorrido establecido do cal se entregará un mapa unha vez selados os soportes. A obra realizarase ao aire libre e in situ como ven sendo habitual.
A entrega das obras e exposición das mesmas será no Espazo Fortaleza, entre ás 17:00 e ás 18:00 horas (hora galega) e só se admitirá unha obra por artista. O fallo do xurado terá lugar ás 18:30 horas sendo os premios establecidos os seguintes: 1º premio, 1.500 €, 2º premio, 500€ e o 3º premio, 500€.
Ademáis, as obras participantes poderán estar expostas para a súa venta a primeira semana na sala de exposicións do Centro Goianés, e a segunda semana na sede da Fundaçâo Bienal de Arte de Cerveira.