monasterio de Oia
ALFREDO // Monasterio de Oia

Este venres presentouse na Cidade da Cultura o programa Camiño de Cantares, unha iniciativa musical promovida pola Asociación Cultural Ciclo de Música Barcia de Mera composta por oito concertos e que conta co apoio da Xunta de Galicia a través do programa O teu Xacobeo, o programa posto en marcha polo Goberno autonómico para promover actividades de dinamización de cara a celebración do vindeiro Ano Santo.

A programación do ciclo arrancará este domingo, ás 20:00 horas, no Mosteiro de Oia cun concerto a cargo de Vox Organallis, un coro masculino de música vogal, que interpretará composicións medievais nos que o Camiño de Santiago ou a figura do Apóstolo cobran especial protagonismo.

Esta iniciativa forma parte dos máis de 350 proxectos de O Teu Xacobeo impulsados pola Xunta para colaborar na difusión dos valores do Camiño de Santiago grazas a unha achega global de 4,7 millóns de euros. Así, grazas a esta colaboración, a Asociación Cultural Ciclo de Música Barcia de Mera levará a música relixiosa e paralitúrxica a diferentes localidades galegas que forman parte do Camiño como Oia, Allariz, Fisterra, Negreira, O Saviñao, Caldas de Reis, Oseira e Cea. Todos os concertos terán lugar en igrexas, mosteiros e capelas de gran beleza patrimonial.