Este xoves, ás 21:30 horas no auditorio de Goián, o Cineclub Poleiro proxecta un filme de Philippe Garrel L´Amant Dun Jour , (Amante por un día).

Sinopse:

Unha producción francesa que conta a historia dunha muller de 23 anos que volta a vivir co seu pai despois dunha ruptura e descubre que él ten unha relación cunha moza da súa idade.

Podería encuadrarse como traxicomedia romántica. Unha fábula emocional dun director que destaca pola súa sensibilidade. Os críticos destacan a sensibilidade para tratar as emocións, os ciumes, a utilización do branco e negro para mostrar os sentimentos  máis escuros das personaxes….

O xoves, 9 de maio, pecha o ciclo western unha fita de Valeska Grisebach. Unha producción alemá sobre a inmigración. Conta a historia dunha cuadrilla de obreiros alemáns que construen unha presa nun pobo búlgaro. As súas malas maneiras non son ben vistas polos veciños e xurde o conflicto.