Gran éxito do club de xadrez Laroca nos campionatos galegos de xadrez sub 18 celebrados do 2 ó 4 de marzo na vila de Cangas do Morrazo.
O club miñorano participou nestes campionatos con cinco xadrecistas, Ana Fernández, Artai Bringas, Ricardo Fernández, Guillermo Cousido e Mauro Sanromán, que a pesar da súa xuventude acadaron uns grandes resultados.
Ana Fernández proclamouse subcampioa galega, Artai Bringas rematou no cuarto posto empatado a puntos con tres primeiros, pola súa banda, Ricardo Fernández, rematou no posto 17, Mauro Sanromán no 18 e Guillermo Cousido no 23, todos mellorando o seu ranking inicial.
