O Colectivo LGTBIQ+ Trans Miño segue coas súas actividades. Nesta ocasión lanzan unha nova campaña co nome “Ven a coñecernos”, que como reza o nome da campaña, invita a poboación da Guarda e do redores, a que veñan a coñecer as actividades e os servizos que dende dita asociación ofrecen.

Na reunión, se exporán os traballos que ata o día se están facendo, e se dará información dos fins da Colectivo así mesmo como próximas actividades previstas nos diversas seccións que ofrecen.

O colectivo LGTBIQ+ Trans Miño e parte da Asociación Trans Miño, que agrupa varías seccións como son unha, sección proxectos de dinamización comunitaria, sección de cultura e deporte e outra de mundo da xuventude.

Dita reunión será no Centro Cultural da Guarda o vindeiro sábado día 1 de febreiro do 2020 as 11:00 da maña.