O Concello de Baiona apoia a campaña “ocio nocturno e prevención das agresións sexistas”

O Concello de Baiona, a través da súa Concellería de Igualdade, decidiu apoiar unha iniciativa proposta polo grupo Estudos de Xénero do Val Miñor.

A proposta tivo moi boa acollida desde o primeiro momento por considerala moi positiva no ámbito da sensibilización e da prevención de agresións no espazo de lecer nocturno.

A campaña consiste na difusión dunha serie de carteis para traballar sensibilización e concienciación nas relacións persoais en contextos de lecer nocturno. As mensaxes que conteñen axudan á identificación de condutas sexistas, trasladan mensaxes de responsabilidade no respecto e no ser respectado/a; incide en cuestións que poden presupoñer situacións de acoso “normalizadas” e “socialmente aceptadas como válidas” en contextos de lecer nocturno.

“Innovación, sensibilidade e implicación social reflexiva deste grupo de traballo interesado nun tema tan sumamente importante foron as claves para apoiar esta iniciativa desde a súa formulación inicial”, apunta a concelleira de Igualdade, Carmen Paredes.

A iniciativa parte do Grupo de Traballo de Estudos de Xénero do Val Miñor, que xurde como unha iniciativa cidadá, horizontal e asemblearia. “Dende plantexamentos e reflexións respecto ó sexismo, empuxamos unha campaña coa intención de abordar ou sexismo e as agresións non lecer nocturno como unha dás problemáticas que impiden ou libre gozo de todas as persoas. Polo que ou principal obxectivo dá campaña é a sensibilización, a concienciación e conseguir unha maior co-responsabilidade social para que todas podamos gozar dás festas e do lecer en liberdade. Entendemos como necesarios e tamén como obxectivos, ou traballo de coeducación en igualdade, ou cuestionamento do sistema patriarcal, falar e reflexionar sobre as agresión sexistas, concienciar e axudar a identificalas”, explican dende o Grupo de Traballo de Estudos de Xénero do Val Miñor.

Grupo de Traballo de Estudos de Xénero do Val Miñor: As agresións e o contexto festivo

Unha agresión prodúcese cando alguén se sente agredido/a: Os límites forman parte da individualidade de cada persoa e polo tanto son diferentes en cada caso. Todos podemos traspasar os límites dunha persoa, de maneira consciente ou inconsciente, e non é lexítimo cuestionar os límites dxs demais.

Entendemos que as agresión son condutas exercidas sobre unha persoa por motivos de xénero, orientación sexual, ou aspecto físico en relación aos estándares estéticos, etc. E que as agresións non solo son machistas, senón que solápanse de forma transversal por cuestións de racismo, clasismo, alfabetización, presión estética…

As agresións poden ser físicas ou non, poden ser insultos, comentarios ofensivos e/ou degradantes, burlas e outras agresións verbais, falsos “piropos”, formas non solicitadas de contacto físico que incomoden, coaccionen ou violenten así como exhibición de símbolos sexistas, xenófobos ou LGTBfobos.

As agresión poden darse en calquera espazo e situación, están presente en tódolos ámbitos e no noso día a día, hai moitas condutas sexistas xa implantadas polo sistema cultural.

Se ben é certo que nos ambientes festivos e de lecer nocturno podemos estar menos atentxs e non dar importancia a comportamentos non éticos escusándonos no ambiente relaxado, no alcol ou nas drogas, facendo que pasen desapercibidas e reproducindo estas formas de violencia.

Cremos que as condutas intimidatorias poden darse máis en situacións grupais.

Dende o Grupo de Traballo de Estudos de Xénero do Val Miñor plantexamos, como punto de partida, a creación dunha campaña de sensibilización e concienciación a través de cartaces distribuidos polo territorio e través das redes sociais e de forma física.

A campaña diríxese tanto a quen sofre unha agresión, coma a quen a comete ou a quen a observa.

A persoa agresora pode ser calquera, coñecida ou descoñecida, xa que todas as persoas podemos traspasar os límites doutras e non recoñecelo. Entendemos que a maioría das agresions prodúcense sobre as mulleres e persoas con identidades de xénero non hexemónicas.

Plantexamos a premisa de facer 5 cartaces diferentes nos que lanzar frases ou preguntas sintéticas e directas, que incidan no autocuestionamento das actitudes e comportamentos, acompañadas dun texto explicativo.

Atendendo aos comportamentos e situacións que se dan habitualmente nestes contextos creamos unha serie de cartaces que apelando ás seguintes cuestions: As espectativas e as segundas intencións, ao consumo de substancias coma xutificación, aos falsos piropos, a falsa ‘discriminación’ positiva e a pasividade como permisividade.

1 – Convidar a copas non é un 2×1. Non esperes nada a cambio

Que convides a alguén a copas con expectativas de manter relacións sexuais, non te da dereito a exixir ese intercambio. A outra persoa non está en débeda contigo.

2 – O consumo de alcol e drogas non son escusa.

Nos espazos de lecer nocturno moitas agresións (sexistas, LGTBfobas, racistas…) pasan desapercibidas polo consumo de substancias. O mesmo tempo que xustificamos aos agresores polo consumo de alcol e drogas, culpamos ás vítimas polo mesmo consumo. Que non te enganen. As agresións non teñen xustificación.

3 – ¿É piropo, ou é acoso?

Un piropo provoca sensacións positivas a quen o fai e a que o recibe. Falamos de acoso ante actitudes que provocan incomodidade ou malestar (insultos, comentarios indesexábeis, sexistas, racistas, LGTBfobos, burlas, formas non benvindas de contacto físico, miradas lascivas, xestos sexuais…). Cada quen marca os seus limites, e se os pasas é agresión.

4 – Se non é de balde para todas, é que alguén e o produto.

Que nun local non todas as persoas entren de balde é por que tratan a uns como consumidores e a outras como mercadoría, coma obxectos ou reclamos sexuais. O custo deixa de facerse en cartos para pagarse en corpos.

5 – E ti, ¿es cómplice?

Entendemos que unha agresión pode ser física ou non, poden ser insultos, acosos, comentarios ou comportamentos indesexábeis que fan referencia ao aspecto físico, orientación sexual, diversidade funcional, raza, relixión…

Se identificas unha agresión, achégate á persoa agredida para saber como se sinte coa situación e se precisa axuda.

Calar faite cómplice.