O Concello de Baiona realizou traballos de mantemento no colexio público de Covaterreña para mellorar as condicións de este centro.
A directora do centro, Isabel Martínez solicitou o Concello unhas instalacións adecuadas para gardar e cargar os ordenadores portátiles que utilizan os alumnos para as súas clases.
Para axudar tanto ó colexio como ós estudantes, o Concello de Baiona converteu uns ocos, baleiros e sen uso, en 4 armarios con 240 postos de carga para PC. Ademais, instaláronse temporizadores para repartir os tempos de carga e non saturar a rede eléctrica.