O concello de Gondomar organiza un campus multideportivo solidario
Os nenos do campus multideportivo solidario de Gondomar na escola naval de Marín

Os días 26, 27 e 28 de decembro, en horario de 10 a 14 horas, a Concellería de Deportes do Concello de Gondomar organiza un Campus Multideportivo Solidario no cal participan uns 40 nenos con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos.

O campus é gratuíto, tan só cunha aportación de 2 kilos de alimentos que serán doados o voluntariado de alimentos para ser repartidos nestas fechas de Nadal. Estes pequenos poden participar eses días de multitude de actividades entre as cales cabe destacar o tenis, baloncesto, atletismo, e fútbol entre outras, que desenvolveranse en instalacións deportivas municipais.

Ademais, hoxe mércores tiveron a oportunidade de facer unha visita guiada as instalacións da Escola Naval de Marín onde foron recibidos polo persoal do centro, facendo unha parada no Museo Naval onde puideron aprender o uso dos instrumentos de navegación, ver importantes documentos, óleos, armas, fotografías e un largo etcétera de obxectos relacionados con anos de historia da Mariña Española.