O Concello de Oia organiza varios obradoiros infantís dentro da Programación de Nadal no municipio, os cales se celebrarán nas parroquias de Loureza e Viladesuso, nos meses de decembro e xaneiro.
O día 28 de decembro a Abadía de Loureza acollerá os obradoiros de elaboración de instrumentos musicais e maquillaxe. As actividades desenvolverase de 10.00 a 14.00 horas e nelas poderán participar nenos e nenas a partir dos 4 anos.
Posteriormente, o 4 de xaneiro, no Centro Cultural de Viladesuso, haberá un obradoiro de elaboración de madalenas e galletas con decoración de Nadal. O horario desta actividade será de 10.00 a 13.30 horas e poderán participar nela pequenos a partir dos 7 anos de idade.
Ambos obradoiros son gratuítos, previa inscrición no Concello. Os prazos para apuntarse son os seguintes:
- Obradoiros de instrumentos musicais e maquillaxe (Loureza): inscricións ata o 27 de decembro.
- Obradoiro de madalenas e galletas (Viladesuso): inscricións ata o 2 de xaneiro.