Agrupación Musical de Goián

O vindeiro sábado, ás 13.30 horas, celebrarase no Salón de Plenos do Concello de Tomiño, unha recepción á Agrupación Musical de Goián, polo seu galardón (1º premio) no XIII Certame Galego de Bandas de Música Populares, con máis de 1.300 músicos de Galicia, Castela e León e Portugal, e no que participaron a dita Agrupación e a Agrupación Musical de Belesar.

A Agrupación Musical de Goián acudiu ao Certame por segundo ano coa obra «Lobo de Río», do compositor goianés, Andrés Álvarez, gracias a cal acadou un primeiro premio, con 481 puntos, á «Mellor interpretación dunha obra de temática galega».