O Concello do Rosal pon en coñecemento da veciñanza os horarios da recollida do lixo dos diferentes contenedores repartidos polo municipio.
A recollida dos contedores de reciclaxe é realizada por empresas externas. Os voluminosos teñen que ser levados ao Punto Limpo.
Agradecemos, dicen dende o Concello, que no caso de detectar incidencias tanto na recollida como no uso dos contedores, as poñades en coñecemento do persoal do concello para poder resolvelas e tomar as medidas pertinentes para evitar que volvan repetirse. A finalidade é a de identificar aos infractores, informarlles do lugar ao que deben levar cada tipo de residuo para que corrixan os comportamentos inadecuados e, de non facelo, aplicar o procedemento sancionador previsto na ordenanza municipal.
Aproveitamos para compartir a campaña de SOGAMA “A reciclaxe, a túa compañeira de viaxe” que nos lembra que aínda que vaiamos de vacacións é importante reciclar, facer un uso axeitado dos contedores e non deixar desperdicios nos lugares que visitamos. Isto inclúe todos os espazos naturais que adoitamos frecuentar e que teñen un gran interese turístico como as praias, parques, zonas de recreo, etcétera. Lembrade “o que vai convosco, volve convosco”.
A recollida do contedor verde (resto) é realizada polo persoal do concello de luns a sábado en horario de mañá. Esta recollida realízase por zonas:
- Zona 1: luns e xoves
- Zona 2: martes e venres
- Zona 3: mércores
- Sábados: Calvario