O Concello de O Rosal pon en marcha o proxecto «O Rosal Medra Contigo», co que quere dar a benvida aos bebés que nacen na vila e que medrarán e convivirán nos barrios e parroquias do municipio.
Cando naza un bebé, a cada familia entregaráselle información variada sobre as axudas das administracións, os programas que a Xunta de Galicia ten en marcha para as familias e tamén sobre a educación en igualdade, xa que é responsabilidade do concello velar pola igualdade entre nenos e nenas.
Así mesmo, farase entrega a cada familia dun pequeno carballo, árbore autóctona, co compromiso de que sexa prantado no xardín familiar ou nun dos montes do concello, para que medre xunto co bebé e sexa un pequeno vínculo coa terra.