O pasado venres arrancou o Música nas Prazas 2019, cuarto ano desta actividade promovida dende a concellería de Cultura do Concello da Guarda e que en esta edición conta con 3 concertos nas Prazas de San Queitano, As de Copas e Os Seixiños.
Os encargados de abrir a programación de Música nas Prazas foi grupo de rap guardés, Caramelo Krew, formado por Hugx (Hugo Aldea) e Holden (José Mauri), que encheron de música a Praza de San Queitano.
A vindeira cita será o 16 de Agosto ás 22:00h na Praza do As de Copas, coa actuación do grupo «Blues do Pais» e para rematar o 13 de setembro, ás 22:00h na Praza dos Seixiños, coa actuación de Helen & Shana.