O Comité Directivo durante a entrega de premios do III Concurso de Debuxo infantil

O pasado luns os representantes dos Concellos de Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui fixeron entrega dos premios do III Concurso de Debuxo Infantil do Consorcio, que este ano tiña como lema “Auga para Grifus; a emocionante viaxe da auga dende a natureza ata a túa casa”.

Os catro primeiros premios, un por Concello, recibiron unha tableta electrónica e os oito finalistas, dous por Concello, recibiron unha cámara acuática.

Os representantes dos Concellos quixeron agradecer a participación dos nenos nesta terceira convocatoria, na que se presentaron preto de 250 debuxos, e resaltaron a importancia de difundir e concienciar da importancia da boa xestión e dun uso responsable dun ben escaso e prezado como é a auga.

Os debuxos gañadores poden consultarse na web do Consorcio de Augas do Louro.