O CPI de Cova Terreña de Baiona, arranca o curso académico con normalidade pese a estar inmersos nas obras de rehabilitación integral do centro, acollendo ao alumnado de Educación Infantil e Primaria que se achegaron cos nervios e ilusión habituais do primeiro día de curso.

As familias colaboraron co centro seguindo as indicacións dadas para a entrega e recollida do alumnado, proceso organizado conxuntamente co Xefe de seguridade da obra nomeado pola Consellería de Educación, Universidade e F.P., para velar en todo momento pola seguridade do alumnado en todas as actuacións que se van a levar a cabo.

Mesmo o xefe territorial, Don César Pérez Ares, responsables da Unidade Técnica, Inspección educativa e dirección de obra volveron visitar as instalacións para constatar e verificar o estado do centro comprobando que reunía as condicións para o inicio de curso.

As obras, que abranguerán o primeiro trimestre, darán como resultado un centro renovado, confortable para toda a comunidade educativa e cunha maior eficiencia enerxética.