Con motivo do remate das clases e ca chagada do verán e as vacacións, a ANPA do CPI Manuel Suárez Marquier organiza este sábado, de 16:00 a 20:00 horas, unha festa de fin de curso onde poden asistir todos os alumnos.
A festa contará con un concurso de triplas, futbito 2×2, concurso de cociña, xogos tradicionais (carreira de sacos, carreira de ovos, e o xogo das cadeiras), sesión DJ, concurso de pelucas, agasallos, talleres, inchables de auga e festa da escuma.
Concurso de cociña:
- Os pratos deberán vir preparados da casa.
- Haberá categorías de doce e salgado. En primaria e ESO- nais/pais.
- Soamente se poderá presentar un prato por concursante,
- Os pratos deberán ser elaborados íntegramente polos concursantes.
- O xurado probará cada prato e o puntuará.
- Os pratos deberán ser presentados o comezo da festa.
