Sergio Mirra Trío

O vindeiro 30 de maio A Guarda acollerá o concerto de Sergio Mirra Trío e Pan de Capazo enmarcado no «Entre Margens», un festival de música tradicional e danza que se celebra na veciña localidade portuguesa de Caminha.

Este ano o Festival cruza a fronteira para aterrar na Guarda cunha proposta musical na que os músicos atravesarán o Río Miño no Ferry-Boat para traer á Guarda un concerto que non deixará a ninguén indiferente e que terá lugar ás 20:30 horas na Praza do Reló, (en caso de choiva no Centro Cultural).

«Entre Margens – Encontro de Tocadores» celébrase en Caminha do 30 de maio ao 2 de xuño cunha ampla programación na que se inclúen mostra de construtores de instrumentos, presentación de publicacións, cd´s e libros, foliadas, bailes, charlas, animación de rúa, cinema, exposicións e moito máis.

O acto inaugural terá lugar o 31 de maio ás 17:00 horas (P) a bordo do Ferry Boat, contando coa participación de músicos galegos e portugueses.