O escritor guardés Francisco Álvarez “Koki” presenta o seu novo libro en Tomiño
XUNTA DE GALICIA // Francisco Álvarez “Koki”

O vindeiro venres día 16 de novembro, o Centro Cultural da Guarda acollerá a presentación dos últimos traballos literarios do escritor guardés Francisco Álvarez «Koki».

Neste acto de presentación, que terá lugar ás 20:00 horas, no Salón de actos do Centro Cultural, contarase coas intervencións de Ramón Caride, profesor e escritor; Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Antonio Martínez «Cachi», Ilustrador, Elena Baz, Concelleira de Cultura do Concello da Guarda e o autor, Francisco Álvarez «Koki».

Francisco Álvarez «Koki» é un escritor nado na Guarda no 1957 que reside en Nova York, cidade na que funda o colectivo Celso Emilio Ferreiro para amosar a cultura galega a través de diversas actividades.

Neste acto presentará os libros «Un neno na Emigración», «A Memoria das Palabras» e «Vasoiras Barreiro», editados por Edicións Fervenza de Silleda.

O libro «Un neno na Emigración» é unha reedición do libro de 2014, un conto ao redor da lingua, que relata a historia dun neno que viaxa a Nova York e aprende outras linguas conservando a súa lingua natal, o galego.

A obra «A Memoria das Palabras» é un libro de poesía social, que aborda distintos temas socias así coma poemas intimistas.

O volume «Vasoiras Barreiro» é unha historia social duns nenos que atopan unha vasoira nun palleiro e dende ese momento comezan vivir unha historia que os leva a México e USA.

Durante esta presentación o ilustrador local Antonio Martínez «Cachi» vai a expor no Centro Cultural os cadros das ilustracións que realizou no libro «Vasoiras Barreiro».