A Agrupación Musical de Goián, coa colaboración do Concello de Tomiño e a Deputación de Pontevedra, organiza o XXIV Encontro de Bandas de Música no que participarán tres bandas.
A primeira en actuar vai ser a Banda de música da UVCD de Candeán, a continuación participará unha banda portuguesa: a Banda Musical de Lagares. Finalmente, pechará o acto a Agrupación Musical de Goián baixo a batuta de Pedro Villarroel González.
O encontro celébrase este sábado 27 ás 21:00 horas no Espazo Fortaleza de Goián, co Río Miño de fondo.