Este xoves, ás 21:30 horas no auditorio de Goián, o Cineclub Poleiro proxecta “O Fío Invisible”, unha comedia dramática multipremiada, dirixida por Paul Thomas Anderson.
Sinopse:
No Londres de posguerra, en 1950, o famoso modisto Reynolds Woodcock e a súa irmá visten á realeza e ás mulleres elegantes. Un día o modisto solteiro coñece a unha moza que se convirte en musa e amante. Unha vida metódica transformada polo amor.
Programa:
O xoves, 7 de novembro, proxección da película francesa SAUVAGE unha historia ao redor da prostitución e a homosexualidade dirixida por Camile Vidal-Naquet
Sinopse:
Leo ten 22 anos e vende o seu corpo por diñeiro. Os homes van e veñen e él busca o afecto onde poda atopalo. O futuro é incerto.
O xoves 12 de decembro chega un thriller sueco EL CAIRO CONFIDENCIAL, con guión e dirección de Tarik Saleh. Premiada coa Espiga de Oro na Seminci de Valladolid e mellor Película Internacional en Sundance (2017).
Sinopse:
Un detective corrupto, cun futuro brillante no corpo de policía, antepón o facerse rico ao seu traballo. Debe investigar a aparición do cadáver dunha muller nun hotel. Vai avanzando na identificación, nas conexións e ao tempo vai descubríndose a si mesmo.
O xoves 9 de xaneiro , cine fantástico, LAZZARO FELIZ, da directora italiana Alice Rohwacher, premiada ao Mellor Guión en Cannes e o Premio Especial do Xurado en Sitges (2018)
Sinopse:
Lazzaro, un campesino de excepcional bondade vive nunha aldea lonxe do mundo controlada pola marquesa Alfonsina de Luna. Alí os campesinos son explotados e abusan da súa bondade. Un día coñece ao fillo da marquesa e comenza unha amistade que leva a lazzaro á través do tempo a coñecer o mundo moderno.
O bono para as catro películas custa 12 euros. Información: 629735337 Ramón Álvarez.