O equipo de Goberno de Caminha, encabezado polo Presidente da Cámara, Miguel Alves, visitou o pasado martes o Concello do Rosal para reunirse ca alcaldesa da vila Ánxela Fernández.

Na xuntanza púxesos en común as potencialidades e puntos fortes dos dous concellos “co obxectivo de buscar vías acaídas para comezar un camiño transfronteirizo de colaboracións e poder, pouco a pouco, vertebrar unha relación con vínculos sólidos entre ambas beiras do Río Miño”, sinala a rexidora.

A reunión sirviu para analizar propostas reais nas que poder iniciar o camiño. Ambos gobernos amosaron ilusión e ganas de traballar para efectivizar unha colaboración transfronteiriza que poña en valor a riqueza nos distintos eidos que comparten. Entre outras cuestións, falaron de cultura, deporte, gastronomía, turismo e patrimonio.

“Ademáis, tivemos a oportunidade de coñecer as distintas áreas competenciais que a cámara e o concello comparten e acordamos colaborar, entre os equipos de goberno, coa finalidade de ter unha comunicación constante nas mesmas para poder xerar sinerxias positivas que nos permitan compartir información e tender pontes neste sentido”, indicou Fernández.